xoves, 3 de maio de 2007

¡Hola!

Xa estamos aquí. O equipo de traballo da biblioteca do noso centro inicia no día de hoxe a andaina deste novo blog no que esperamos contar coa colaboración de toda a comunidade escolar.

Este blog pretende ser un novo enlace, non so entre a biblioteca e todos vos, nais, pais, alumnado, profesorado e calquera que nos visite, senón unha nova porta de comunicación entre todos de xeito que sexa unha ferramenta que nos axude nesta andaina dura, difícil as veces, pero apaixonante sempre, que é o Ensino Secundario.

Así que benvidos e empezamos.


Ningún comentario :