lunes, 29 de octubre de 2007

Unha realidade incómoda (I)


Co gaio da visita de Al Gore pensei en algo que moitas veces falo na aula, o problema dos recursos.

O primeiro mundo consume unha grande cantidade de recursos e o resto do planeta tense que conformar coas faragullas. Cando un mira os xornais, o que se discute é cal é a fonte de enerxía menos contaminante e como producir máis contaminando menos.

Unha solución é optimizar o consumo, é dicir vivir igual de ben, ou mellor incluso, consumindo menos. A pregunta que se hai que facer é ¿realmente necesito ...? E outra solución consiste en aforrar e aforrar.
Para aforrar enerxía eléctrica basta cambiar as lámpadas incandescentes polas de baixo consumo e apagar os aparatos en vez de deixalos en espera (¿sabedes que consumen un 10 % cando están esperando por nos?).

Poñer unha botella de litro chea de area na cisterna e usar redutores de caudal, atomizadores e perlizadores na instalación de auga corrente permite aforrar auga.

De seguro que se botades unha ollada ó voso arredor e buscades o xeito atoparedes moitas formas de aforrar. E aínda que a contaminación nos parece algo afastado, o aforro non o é e podémolo dedicar ó que queiramos. Por exemplo, facerlle un regalo o voso profesor de física.

3 comentarios :

Oki dijo...

Non sei quen é o profesor de física pero sei como é: un cachondo. jajaja. Aínda que tamén conta cousas interesantes.

luis dijo...

Estimado Profesor,por si che interesa, ENDESA ten a poucos quilómetros de As Pontes un parque eólico educativo, Sotavento, donde reciben escolares e lles explican un montón de cousas sobre enerxías alternativas e aforro.
Paréceme moi axeitado o teu artigo e agardo polos seguintes.

Rodrigo dijo...

Gracias, Oki e Luís polos vosos comentarios.
Oín falar de Sotavento, aínda que non fun alí. Teño levado ó meu alumnado a Sogarisa, en Somozas. Sogarisa é unha mostra de solucións paliativas, esconder baixo a alfombra o que xa non serve. Pero organizarei unha visita a Sotavento.