mércores, 26 de marzo de 2008

Máis investigación solidaria

Hai uns meses no post Investigación Solidaria, xa vos falei deste tema. Pois agora quero falarvos de novas investigacións que utilizan o mesmo procedemento, chamado computación distribuida', idea xurdida no proxecto BOINC (Berkeley Open Infrastructure for Network Computing). A potencia de cálculo lograda é moi alta e a baixo custo.
As áreas de investigación son variadas e algúns equipos deixan escoller os proxectos nos que colaborar. Hai grupos de investigación en medicina, astronomía, xenética e outros máis en proxecto.

Para colaborar con eles é necesario ter un ordenador ou unha PS-3 e conexión a internet. Cando necesitan facer cálculos complexos dividen o traballo en pequenas porcións que mandan os ordenadores que participan no proxecto. Estes equipos, cando están acendidos pero non se usan, fan os cálculos e, unha vez rematados, envían os resultados e aestán listos para aceptar un novo paquete.

Se estes grupos teñen éxito, que seguro que o terán, moitas enfermidades devastadoras terán cura, saberemos máis do universo e disfrutaremos de aparellos que farán a nosa vida moito máis doada. Algúns destes grupos traballan en:

Astronomía: Seti at Home, hispaseti.org e Galaxyzoo.org, que ademáis pide a colaboración do usuario para explorar o universo buscando e clasificando galaxias.

Metereoloxía: Climaprediction.net. O apoio de miles de usuarios permitiu éxitos recollidos nas revistas de investigación máis importantes.

Bioloxía: http://www.stanford.edu/group/pandegroup/folding/spanish/e, investigan sobre o pregamento de proteinas. O pregamento anómalo das proteinas provoca Alzheimer, cancros, fibrose quística, enfermedade das vacas tolas. Enfermedades todas devastadoras, tanto para os que as sofren como para os que están cerca.

Para informarse sobre outros proxectos visita a páxina de BOINC, onde vos informan dos proxectos que empregan este sistema. Estarás á última das investigacións que se están facendo e podes escoller con quen queres colaborar.

O seguinte paso sería montar un proxecto e usar o procedemento. Ánimo.




Ningún comentario :