martes, 20 de mayo de 2008

Primeira páxina: Crazy


Este ano no mes pasado, como en outras moitas bibliotecas escolares, seguimos unha actividade que nos suxiríu Gonzalo Moure nas Xornadas Plambe: a dos libros "huella".
Gonzalo nos contaba que fora idea dunha compañeira docente-bibiotecaria de Oviedo e a súa descrición foi tan suxestiva que nos animamos a levala a cabo como expuxemos no noso post do 20 de abril sobre os "Libros que deixan pegada".

Non fai falta dar publicidade a "O señor dos aneis", "Harry Potter", "a sombra do vento", "O neno do pixama de raias"... nin autores como Jordi Sierra i Fabra, quen arrasou entre os nosos alumnos...
Pero temos que destacar outras obras das que se fixeron eco esas pisadas que alagaron as nosas aulas.
Hoxe presentámosvos "Crazy" de Benjamín Lebert. Esta novela,que se presenta como autobiográfica,escribiuna o seu autor con dieciseis anos e converteuse en tan só dez días en récord de vendas no seu país. Cóntanos o duro que é crecer para un mozo deses anos, e sobre todo se tes unha minusvalía física.

Animámosvos a lela como nos suxeriu un dos nosos alumnos, e para eso aquí tedes a súa primeira páxina!

No hay comentarios :