martes, 17 de febrero de 2009

UN BICO – UNHA BOLBORETA


Xabier P.Docampo abre o seu breve pero fermosísimo relato Bolboretas coa cita:
“ Bebín a auga fresca na túa boca”

Cheo de paixón, lévanos a un mundo de sensacións compartidas cunha especial ilustración.


Cando hai uns días saíu na aula o tema amoroso, escolleron estas secuencias:

“ABRÍN OS OLLOS PARA VER COMO OS CERRABA ELA” , Javier, e

“ NOTEI OS SEUS LABIOS NOS MEUS.
SENTÍN QUE ABRÍA A BOCA E EU ABRÍN A MIÑA.
A BOLBORETA PASOU TOCANDO LIXEIRAMENTE A MIÑA LINGUA.
ELA PECHOU OS LABIOS ATRAPANDO TODO AQUEL AZUL”, Nerea.-



Ilustrador: X. Cobas
Editorial Everest
48 Páxinas

No hay comentarios :