viernes, 27 de marzo de 2009

Lecturas para pasar un rato

Este inverno resultou moi frío, e neses días nos que non se podía saír tivemos unha grande afluencia na biblioteca. Algúns estudando, outros nos ordenadores, outros lendo...Como non se pode estar dando voltas sen facer nada, para respectar o necesario silencio que precisa este lugar creamos unha nova sección na biblioteca, na que vos presentamos unha selección de lecturas, como o seu nome indica, para pasar un rato.
Libros que non precisan de moito tempo, con información do máis diverso, que nos enganchan na primeira páxina... justo ao lado da nosa selección de banda deseñada, prensa e revistas.


Esperamos que vos guste!

No hay comentarios :