xoves, 22 de outubro de 2009

Contacontos. A tradición pervive



Doce narradores orais e escritores de dez países diferentes decidiron lanzar a súa Rede Internacional de Contacontos. A súa páxina web xa ten rexistrados máis de mil narradores orais de cincuenta países nos cinco continentes, e recibiron o apoio explícito de máis de 700 organismos e personalidades entre bibliotecas, centros educativos e culturais, grupos de traballo, escritores e narradores. Entre os seus obxectivos prioritarios está o tender pontes de interconexión entre os narradores orais procedentes de todas as culturas do mundo, así como a dinamización das bibliotecas e centros escolares, a animación á lectura e a difusión das obras mestras da literatura tradicional e contemporánea a través do cuentacuentos.

E tí... sabes contar contos? Lembras os que te contaron cando eras máis novo? Atréveste a contarnos algún?

(Vía Babar)

Ningún comentario :