miércoles, 25 de noviembre de 2009

Día contra a violencia de xénero



Son moitas as bibliotecas escolares que fan chegar esta mensaxe aos seus alumnos: 'NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO', á violencia de calquera tipo en calquera lugar.
Pero hoxe falamos desta e nun momento no que estamos a aprender sobre os Dereitos d@s Nen@s polo 20 de novembro e esperando ao 10 de decembro, data dos Dereitos Humáns. Que triste paradoxa, tanto falar e dereitos e estamos rodeados da falta deles, basta votarlle unha ollada a calquera xornal.
Grazas a Mesturas, o blog do IES Sánchez Cantón, e aos profesores da súa biblioteca que colgaron unha publicación sobre o tema, e lle agradecemos tamén a Trafegando Ronseis a súa aportación cos videos do comezo do artigo.
Pertencen ao proxecto "- é + ", cinema para ser a voz de quen cala, pretende concienciar sobre a violencia de xénero, un problema que tamén sofren os adolescentes.
Participaron máis de 15000 alumn@s da ESO e Bacharelato de toda España. Rodaron varias curtas e un xurado especializado premiou os cinco mellores guións, que serán distribuídos polo Ministerio de Igualdade nos institutos para previr e informar sobre esta lacra social. Rodáronse nun campamento-taller en outubro de 2008.

Grazas Rosana polo lazo.

No hay comentarios :