martes, 6 de abril de 2010

A Biblioteca do Vaticano dixitalizada


O Vaticano, santa sede da igrexa católica é tamén un dos lugares documentalmente máis interesantes e valiosos do mundo.
Os Museos do Vaticano son espazos de resgardo e exposición da arte e a cultura occidental e a Biblioteca, que foi innumerables veces scenario de thrillers e películas de detectives contén documentos incunables da historia da igrexa.
É por iso que non resulta estraño o anuncio de que a Biblioteca Apostólica Vaticana comezou a dixitalizar os seus arquivos para crear unha versión dixital destes.
Fálase de 80.000 documentos e de 40 millóns de páxinas dixitalizadas nun labor que durará 10 anos aproximadamente, pero seguramente no transcorrer destes anos seremos testemuñas da publicación dalgúns incunables aos que, doutro xeito, nunca teriamos tido acceso.
Un avance máis nesta carreira de fondo da dixitalización de coñecemento mundial e europeo en particular.

(Vía Papel en blanco)

Ningún comentario :