viernes, 16 de abril de 2010

Jaureguizar ou como se fai un conto




Onte visitounos Santiago Jaureguizar, xornalista, autor e por enriba de todo comunicador.
Os integrantes dos nosos clubs de lectura gozaron cos seus consellos e a súa habilidade para aprender a narrar unha historia, e descubriron que a literatura está en todas as partes. Calquera pode crear un conto, só hai que propoñelo.
Unha simple laranxa e un limón servíronnos para personalizar os protagonistas que eles mesmos crearon:

unha truculenta historia de terror nunha biblioteca, cunha vítima despezada e o descubrimento do asasinato anos máis tarde.

Toda unha lección de saber facer por parte de Jaureguizar.

No hay comentarios :