xoves, 22 de abril de 2010

Pessoa e o club de lectura nas Xornadas Literarias




Trala inauguración das VIII Xornadas Literarias de Neda, os rapaces dun dos nosos clubs de lectura fixeron unha aproximación a figura de Fernando Pessoa e os seus heterónimos para ler logo uns poemas explicando o porque da súa escolla, o que lles dicía a selección.
Unha gran mostra de madurez por rapaces de 2º e 3º da ESO, rapaces que coa axuda de Loles Paris, afrontan a experiencia de falar diante dun público real, con expertos e seguidores do autor proposto nas Xornadas. Norabóa rapaces e...

Obrigado Loles polo teu esforzo!!!

Si queredes ver a presentación dos rapaces, xa sabedes onde ir: Pantasmas de papel

Ningún comentario :