jueves, 10 de marzo de 2011

Expo 8 Marzo: Unha visión non sexista da ciencia



As mulleres contribuíron á ciencia dende os seus inicios, aínda que non fosen recoñecidas por iso. Historiadores interesados en ciencia e xénero mostraron as contribucións feitas por mulleres, as barreiras coas que se toparon e as estratexias que desenvolveron para que o seu traballo fose aceptado.
Esta quincena temos a fortuna de dispoñer dunha exposición sobre as mulleres que obtiveron o Premio Nobel en campos tan masculinos como a Física, Química, Fisioloxía ou Medicina.
Pensemos en cantas outras non obtiveron o recoñecemento deste galardón ou outros por diversas razóns, e acordémonos delas grazas a estas que, por fortuna, se lles recoñeceu o seu traballo e esforzo nunha época na que as mulleres non asistían á universidade e mesmo non recibían unha formación académica de ningún tipo.

Durante este periodo teremos tamén unha mostra de obras de diverso tipo no que as protagonistas son mulleres de gran forza.
Achégate ás mulleres na ciencia participando no concurso e atopa a túa lectura ou película sobre mulleres.

Boletín Mulleres Nobel en Fisioloxía e Mediciña

Boletín Mulleres Nobel en Física e Química

No hay comentarios :