martes, 21 de xuño de 2011

Día Europeo da Música


Iniciada en Francia en 1982 como "Festa da Música" e instituída como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música), cada solsticio de verán, o 21 de xuño, a Unión Europea celebra unha xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos, o transvasamento musical duns territorios a outros.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúnhas das máis fermosas pezas da música:
#10 - Samuel Barber : " Adagio For The Strings "
-Conducted by Paul Ruskay
#9 - Johann Sebastian Bach : " Jesu, Joy Of Man's Desiring "
-Conducted by Leopold Stokowski
#8 - Johann Pachelbel " Canon "
-Conducted by Unknown
#7 - Jacques Offenbach " Barcarolle " From the play " The Tales Of Hoffman "
-Performed by Unknown
#6 - Franz Schubert : " Ave Maria "
-Performed by Leontyne Price And The St. Thomas Episcopal Church, New York
#5 - Pietro Mascagni : " Intermezzo (Cavalleria Rusticana) "
-Performed By The Orchestra Of Bologna Municop Thetra
#4 - Johann Sebastian Bach " Air "
-Conducted By Unknown
#3 - Cesar Franck " Panis Angelicus "
Performed By St. Philips Boys' Choir Featuring Jaymi Bandtock And Sam Harper
#2 - Johann Sebastian Bach " Unaccompanied Cello Suite No. 1, BWV 1007 "
-Performed By Yo-Yo Ma
#1 - Ludwig Van Beethoven : " Moonlight Sonata , 1st Movement "
-Performed By Unknown


sábado, 18 de xuño de 2011

Rosa Aneiros, a feira do libro de Ferrol e os clubs de lectura

"Prezadas lectoras e lectores,
Moi boas e calorosas tardes, é un pracer para min poder compartir por fin con vós o pregón desta Festa da Lectura, do Libro e da Palabra
."

Así comezaba Rosa Aneiros o pregón da feria do libro do 2011 en Ferrol onde destaca a "revolución silenciosa" que está a pasar na comarca, na comunidade.







Por sorte para nos e para os clubs que a invitaron, descubrimos unha muller chea de enerxía e moi cercana aos rapaces. Nosos alumnos disfrutaron dunha tarde escoitando cómo se fixo escritora, as súas inquedanzas e comentarios das dúas obras que leron os nosos "pantasmas", como os chamou ela.
No pregón leu un poema de Carvalho Calero,uns versos de Herba aquí ou acolá, obra de Álvaro Cunqueiro, autores homenaxeados este ano na comarca, Manuel Rivas, Lois Pereiro, Stéphane Hessel ..., falou da crise e dalgo máis:

"Fronte ao horizonte gris da apatía,e da desesperación os libros seguen ofrecéndonos portas abertas para a esperanza. Segue habendo un mundo agardando por nós en cada libro. Seguen querendo contarnos historias. Cousas do cotío, pulsos contra a tristura para facernos felices.
Por iso hoxe quixen traer comigo un ronsel de faíscas luminosas, un ronsel de esperanzas.
Escoitaron vostedes falar algunha vez dos Morcegos de Canido? Dos pantasmas de papel de Neda? Do Sansaliber de San Sadurniño? Do Segrel de Fene? Dos siareiros de Sofía ou de Saturnino Hermida? Saben vostedes de que lles falo? Fálolles da gran revolución silenciosa que está a sacudir dende hai uns anos as bibliotecas públicas de Galicia, tanto as dos centros de ensino como aquelas municipais. Falo dos clubs de lectura. Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse.
Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura. Actualmente están funcionando douscentos clubs de lectura en centros de secundaria en Galicia. Estes clubs acollen tanto a alumnado como a pais e nais que participan do coloquio, que comparten a extraordinaria experiencia lectora. Ademais destes douscentos centros están aqueles vinculados a bibliotecas municipais, tamén as que nacen ao abeiro dos centros de primaria. Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros. Non se conforman. Sempre queren máis. É por iso que non lles abonda con clubs, pequenos encontros nos centros públicos, nas aulas. Non, queren máis. Todos os clubs reúnense fóra de horario lectivo, nos recreos, nas pausas do xantar, polas tardes... cando poden. Renuncian ao seu lecer privado por falar de libros. De libros! Pero xa non abonda cos libros en xeral, hai clubs de lectura de manga, de novela realista, de misterio, de ciencia ficción, de poesía... Xa non abonda coas reunións presenciais, teñen blogs nos que van avanzando os progresos nas lecturas, póñenlles música, vídeos, falan de arte, organizan excursións a escenarios literarios. Tampouco abonda xa coa experiencia dos compañeiros e compañeiras de aulas. Deciden reunirse na rúa, nos parques, nas bibliotecas, con membros doutros clubs e partillar escenas, personaxes, cancións, tramas, finais felices ou tristes, citas literarias."


Ler o pregón completo.

GRAZAS ROSA

mércores, 15 de xuño de 2011

Anxo Fariña, Xavier Queipo e Héctor Carré: Premios Xerais 2011. Norabóa


Anxo Fariña gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 con "A chave da Atlántida", para seguir coa noticia e ler un fragmento.
Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais 2011 con Extramunde: ler a noticia.
Héctor Carré, gañador do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por Febre: ler a noticia.






Untitled from Paula Gómez del Valle on Vimeo.

martes, 14 de xuño de 2011

Benvida ao novo e-museo!


Onte naceu o e-Museo que é un museo online e aberto á participación dos internautas. Contén unha colección de materiais de divulgación producidos polos outros tres centros de ciencia coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae

luns, 13 de xuño de 2011

Xoán Farias

Hoxe estamos de loito, perdemos un amigo.
El mesmo se retrataba do seguinte xeito:
"Gallego, nacido, criado y recriado en Galicia. Escritor con posibilidades, ex-marinero, ex-estudiante. Unos opinan que soy triste, huraño y tímido. Otros opinan que soy alegre, desenfadado y optimista. Normalmente me encuentro feo, todo depende del espejo y de mi estado de ánimo. Sé lo que quiero. Lo conseguiré si no estiro la pata antes de tiempo. Me gusta viajar y viajé tanto como me vino en gana. Algunas cosas de las que ocurren a mi alrededor me repelen, otras me atraen y otras me dejan indiferente. Me revientan los ficheros metálicos, las jaulas, los bloques de viviendas con más de trescientos vecinos y la pesca con carburo. Opino que el refranero es definitivo cuando dice que en todas partes cuecen habas. Me consuela la certeza de que cada libro es independiente de los demás y de que no estoy obligado a ser fiel a determinado tipo de lectores si al día siguiente descubro que estos lectores y yo estábamos equivocándonos. Me ocurre, creo, lo que a mucha gente, que unas veces me encuentro joven y otras viejo. Como escritor espero hacer cosas porque si no, no escribiría, esto es elemental."
Se queredes recordar a súas obras e a súa figura podedes visitar o sites das BEs de Ferrolterra que fixemos como traballo colaborativo.

Reseña en Anaya.

venres, 10 de xuño de 2011

Isabel Allende en la Feria del Libro de Madrid



Acabo de encontrarme en la edición digital de El País una entrevista a Isabel Allende que os enlazo para que oigais cómo descubrió ella la lectura, a algunos les pasó lo mismo con la revista Don Mickey... ¡Qué delicia escucharla, y qué delicia leerla!

domingo, 5 de xuño de 2011

Elemental, queridos humanos...


Vida y andanzas del ingenioso planeta Tierra contadas por Juan Luís Arsuaga con dibujos de Forges.
Con este maravilloso título nos adentramos en la larga historia del planeta desde que "le nació la vida". Desde entonces la actividad de los distintos organismos ha ido creando las condiciones ambientales en las que nosotros, la especie Homo sapiens, vinimos al mundo. Unos recien llegados que , como el resto de los seres vivos, dejamos nuestra huella. Desde hace muy poco tiempo, unos diez mil años, empezamos a comportarnos de una manera extremadamente peculiar: en vez de adaptarnos al entorno, empezamos a modificarlo en nuestro beneficio. A partir de entonces se puede decir que nuestra huella se ha ido convirtiendo más bien en un pisotón.... seguimos leyendo.

mércores, 1 de xuño de 2011

A insoportable levedade das Bibliotecas Escolares


Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos.


Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE.

De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información.

Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater.

A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces.

Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas.

Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser?

Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia.

Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable.

Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal.


Onde quedou ese entusiamo?


Que interpretación debemos facer?


O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo?



E nós?


En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas


se despois de tanta insistencia


é a propria Consellería a que nos
invisibiliza?