martes, 20 de septiembre de 2011

Agustín Fdez Paz, novo premio


Agustín Fernández Paz, un dos autores galegos que máis nos gustan, gañou o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
O xurado galardoou o autor "pola súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas", dixo Verónica Abud, representante da Organización de Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (Unesco) e presidenta do xurado.
O autor, que recibiu en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra en galego "O único que queda é ou amor", mostrouse moi compracido por este premio, sobre todo polo seu "carácter internacional, o feito de que un xurado formado por xente de toda Iberoamérica recoñeza toda a obra dun é unha satisfacción moi grande".
Os gañadores anteriores foron Juan Farías, outro autor coñecido en Ferrolterra, Montserrat del Amo e Gili, Bartolomeu Campos de Queirós, María Teresa Andruetto e Laura Devetach.

"Nunca se leu tanto como agora, en tempos pasados podía haber uns poucos que liamos moito, pero a democratización da lectura agora é moito maior. Aínda que pode avanzarse moito máis e fai falta promoción para conseguir cada vez máis cidadáns lectores, a base dunha sociedade democrática," explica Fernández Paz sobre a crenza de que as novas tecnoloxías están a minguar o interese pola lectura dos máis novos. Sobre o libro electrónico, o escritor é optimista e cre que só "será unha ferramenta máis".

No hay comentarios :