jueves, 6 de octubre de 2011

Banda deseñada para entender a economía


Neste tempo de crise e alteracións no noso mundo macro e micro económico atopamos aclaracións vía banda deseñada:

Empresa en 1/2 hora
Economía en 1/2 hora
Emprender en 1/2 hora
La bolsa en 1/2 hora

Todos estos títulos están na biblioteca á vosa disposición pero si precisades descargalos en pdf na páxina da editorial Compartiendo conocimiento os atoparedes.

E seguindo coa banda deseñada con La máquina de hacer dinero entenderemos as crises económicas do século pasado; do 1918 ata 1981. Esta obra invítanos "a facer unha viaxe a través da historia para internarnos noutra realidade" que nos permita comprender e encontrar as solucións aos paradoxos dunha economía mundial refundada a principios do século XX, a raíz do chamado Crack do 1929, o maior desastre bolsista da historia contemporánea, e que desembocou nun longo período de depresión e recesión económica. Unha situación que ten moitas similitudes coa presente crise, o cal nos deixa ver o pouco que cambiaron os tempos nalgúns aspectos.

No hay comentarios :