lunes, 3 de octubre de 2011

TQL: ¿Tú qué lees?



Seguro vos lembrades da exposición de cómics do curso pasado: durante o mes de febreiro disfrutamos dun lote magnífico de banda deseñada que a Fundación Germán Sánchez Ruipérez deixounos en préstamo todo ese mes. Pois ben hoxe vos achegamos un catálogo de lecturas recomendadas pola mesma adicada a todos vos, aos que disfrutades lendo, aos que tedes inquedanzas, aos que vos gusta viaxar no tempo e no espazo, aos que non vos importa vivir baixo terra, coñecer seres extraodinarios, terroríficos ou que disfrutades coa poesía...
Para todos vos, o catálogo TQL: ¿Tú qué lees? todo un agasallo de amor polos libros...e lembrade que está aberto o tempo para inscribiros no noso Club de Lectura.

No hay comentarios :