jueves, 26 de enero de 2012

Ano do dragón


Comeza o ano do Dragón (do 23 de Xaneiro de 2012 ao 9 de Febreiro de 2013) segundo o Calendario Chinés.
Inicio do Ano Novo chinés, coñecido tamén como Festival de Primavera. Este período está cheo de celebracións, visitas familiares, alimentos especiais e lumes artificiais. É un dos festivais máis importantes de China e todo o mundo o celebra, sobre todo durante os tres primeiros días do festival.
O signo do Dragón parte da astroloxía chinesa e nas culturas milenarias orientais, é considerado ao igual que a serpe un animal de boa sorte. Segundo na antiga China é considerado como o guardían dos tesouros, así tamén da sabedoría. Tamén é representado parte como un símbolo das artes marciais, actualmente moi coñecido e difundido por case todo o mundo co que respecta a defensa persoal. Moitos mestres ou senseis ou artistas marciais inspiráronse en adoptar a súa simboloxía principalmente no mundo occidental.

As persoas nacidas baixo este signo son considerados como nobres, sabías e creativas, mesmo moi sociables con todos e tolerantes, son comprensivos aos sentimentos cos demais.
Tanto se es dragón coma outro signo, disfruta das lecturas que te propoñemos nesta ocasión:

Dragal: a herdanza do dragón
Dragal: a metamorfose do dragón
Tigre & dragón (manga)
Albert y el domador de dragones
El reino del dragón de oro
A caída do dragón
Os dentes do dragón
Eragón
Eldest
Brisingr
Legado
Memorias de Idhún I, II e III
El vuelo del dragón
Rokshan y los jinetes salvajes

No hay comentarios :