viernes, 18 de mayo de 2012

Día dos Museos

Os Museos Científicos Coruñeses celebran xornada de portas abertas o venres 18 de maio, Día Internacional dos Museos
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán ao público de forma gratuíta desde as 10 da mañá até as 11 da noite.
As persoas que se acheguen a calquera do tres centros nesta xornada poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo adicional.

No Aquarium, ás 11.30 e 17 horas, comen as focas, momento no que se convoca ao público e ofréceselle unha charla divulgativa sobre estes animais; ademais ás 12 da mañá pódese ver como se lles dá para comer ás quenllas da piscina da sala Nautilus.

Na Domus haberá sesións de cinema 3D, coa seguinte programación:

18:00 Wild Safari (castelán)
19:00 En busca del primer europeo (castelán)
20:00 Wild Safari (galego)
21:00 SOS planet (castelán)
22:00 En busca del primer europeo (castelán)

E na Casa das Ciencias celebraranse as seguintes sesións de planetario:

19:00 La niña que sabía caminar al revés (castelán)
20:00 Evolución (galego)
21:00 Verano en el cielo (sesión en directo)
22:00 Noite estrelada no museo (galego)

Ver blog dos Museos Científicos Coruñeses

No hay comentarios :