mércores, 16 de maio de 2012

Día grande das Letras Galegas 2012


A medida que nos achegamos ao día 17 moitos son os centros que están a facer interesantes traballos sobre o autor homenaxado neste ano. A Secretaría de Política Linguística na súa páxina web ten unha listaxe dos traballos sobre Valentín Paz Andrade para que toda a comunidade saque proveito dos materiais, esto sí que é escola 2.0: desde telexornalun pasapalabra, ata un libro electrónico..., temos moito que aprender e disfrutar do que se está a facer nos centros escolares galegos.

Ningún comentario :