miércoles, 23 de mayo de 2012

Dúbidas sobre o voso futuro?


Algúns de vos aínda estades a pensar en que facer. Poñamos un par de exemplos:
  • Alguen se lle dan ben os idiomas pero non quere facer algo específico relacionado coas línguas que coñece, prefire traballar en relacións públicas, moda, eventos... Entón imos ao boletín de información de bacharelato que publicamos o outro día e buscamos a listaxe de titulacións con límite de praza en Galicia, por exemplo. Podemos ver que hai prazas no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humáns en A Coruña, Ferrol, Santiago, e Vigo, incluso vemos que no campus de Pontevera hai un Grao de Publicidade e Relacións Públicas. Non está mal para esa persoa, pero dándolle a volta a folla vemos unha pequena listaxe de titulacións propias... e vemos que na Universidade de Vigo hai unha titulación superior en Deseño Téxtil e Moda. De todos os xeitos co coñecemento que ten esa persoa en idiomas tamén pode interesarlle facer o Grao de Línguas Extranxeiras en Vigo ou o Grao de Línguas e Literaturas Modernas da Coruña e unha vez que o ten pode entrar como postgrao nos Estudos da Carreira Diplomática porque o ter coñecemento de línguas non é só dar clase ou traducir textos...
  • Outro caso, alguén quere facer algo relacionado coas novas tecnoloxías, enxeñerías... pero hai tanta xente en todas partes con titulacións xa rematadas e sen traballo!. Sabedes que coa nota das seletividade podedes facer o ingreso ao corpo de Oficiais da Armada? E sin a Selectividade ao de Suboficiais? Incluso ata determinada idade podemos entrar con titulación universitaria? Esto supón: Facer unha proba de INGLÉS (de que me soa??) presentar a nota de selectividade,  proba psicotécnica e unha proba física. Podemos velo no enlace de acceso. Non o tes claro todavía? Entra na web do Ministerio de Defensa virtual para informarte ou contacta con eles directamente... a Orde deste ano xa saíu. De todos os xeitos deixovos unha páxina cos enlaces da última normativa ao respecto.
Se non estades nestes casos e tedes dúbidas, no centro podemos asesorarvos. Xa tedes o horario de clases preparatorias da selectividade... e xa coñedes tamén entón o horario que algúns temos para atendervos.

Lembrade a información é unha poderosa arma de acción! 

No hay comentarios :