jueves, 7 de junio de 2012

Adéus a Ray Bradbury

O escritor estadounidense Ray Bradbury, un dos autores clásicos da ciencia ficción, faleceu en California os 91 anos. Nacido en Waukegan (Illinois) en 1920, entre as súas obras encóntranse títulos como Crónicas marcianas ou Farenheit 451.
Recoñecido como un dos grandes autores do xénero fantástico, Bradbury prefería identificar os seus escritos coa fantasía xa que moitos dos seus relatos estaban baseados na vida cotiá. Bradbury publicou en vida máis de 500 traballos aínda que a súa obra máis universal é Farenheit 451, situada nun futuro no que os libros son perseguidos e queimados, mentres que os amantes da literatura memorizan e recitan as obras máis importantes.
O novelista estadounidense, que xa era un gran lector na súa xuventude, comezou pronto a coa súa afección á escritura. Debido a dificultades económicas, Bradbury non puido asistir á universidade, así que comezou a vender xornais, pero non cejó no seu empeño por formarse e comezou a facelo de xeito autodidacta.



No hay comentarios :