mércores, 10 de outubro de 2012

Norabóa a Kalandraka



Polo coidado dos seus textos, a calidade da ilustración e por ser un referente en España e no estranxeiro, a editora galega Kalandraka conseguiu o Premio nacional ao mellor labor editorial. Un recoñecemento para unha empresa onde os personaxes dos contos se senten na súa propia casa. Deste taller saen o 90 por cento dos libros que publica Kalandraka. Á xente da editorial o premio sorprendeulles preparando o seu último conto: "Bandada". Publicaron xa máis de 400 en 14 anos. A clave do seu éxito está en que se especializaron en nenos e adolescentes.

Visita ós nosos libros Kalandraka da biblioteca

Ningún comentario :