sábado, 20 de octubre de 2012

Novidades: A cidade en chamas

Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de 2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza.
A cidade en chamas”, escrita en colaboración por Ariel Dorfman e o seu fillo, o autor teatral, Joaquín Dorfman, constitúe unha das novelas máis orixinais e exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.

No hay comentarios :