jueves, 22 de noviembre de 2012

Educación documental dixital

 
 
A pertenza ao PLAMBE ten moitas vantaxes, unha delas é que as Bibliotecas Escolares de Galicia non traballamos illadas senón que compartimos inquedanzas, dúbidas e recursos. Grazas ao PLAMBE temos acceso ó traballo que están a facer distintos centros de toda a comunidade ao igual que compartimos nos as nosas actividades. E tal é o caso que vos traemos hoxe aquí: dende a biblioteca Calixtina do IES Pedras Rubias cheganos esta unidade didáctica sobre a educación documental dixital: a través dunha especie de "Caderno de bitácora" guiámonos para aprender a facer buscas na REde, distinguir páxinas fiables, etc. En definitiva, a tan nomeada e necesaria alfabetización dixital.

Moitas grazas ós responsables desta biblioteca e ao CFR de Vigo que coordinou o traballo!





No hay comentarios :