domingo, 25 de noviembre de 2012

Non á violencia familiar



Son moitas as bibliotecas escolares que fan chegar esta mensaxe aos seus alumnos: 'non á violencia de xénero', á violencia de calquera tipo en calquera lugar por iso nesta ocasión queremos falar da VIOLENCIA NA FAMILIA. Non só as mulleres a sofren, os nenos, os homes incluso os pais tamén son víctimas.

Nestas datas que estamos a falar dos dereitos dos nen2s e os dereitos humáns temos que facer unha paréntese para retomar o tema a finais de xaneiro cando teñamos a exposición "Cartas de amor" grazas á intervención do noso concello que nola traerá nese momento.
Ata entón revisamos os materiais que temos doutros anos e disfrutamos dos videos que nos deixaron desde Trafegando Ronseis. Pertencen ao proxecto "- é + ", cinema para ser a voz de quen cala, pretende concienciar sobre a violencia de xénero, un problema que tamén sofren os adolescentes.

 

No hay comentarios :