martes, 2 de abril de 2013

Día Internacional do Libro Infantil: Aula de Medo


Hoxe 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todos os nenos e nenas libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
 
 

E nos, desde a biblioteca do IES Fernando Esquío, grazas ao programa de Lecturas de ida e volta da Fundación Germán Sánchez Ruipérez invitámosvos a atopar esa lectura que espera por vos... pero unha lectura moi especial, desacougante, misteriosa... inauguramos o mes da nosa
 
Aula de Medo! 







(Grazas ás Bibes da comarca de Ferrolterra que aportáchedes o material para ambientar a nosa biblio)

No hay comentarios :