domingo, 21 de abril de 2013

Galicia Encantada, XXII Premio Irmandade do Libro



"O xurado da edición XXII dos Premios Irmandade do Libro que convoca cada ano a Federación de Libreiros de Galicia, acordou por unanimidade conceder o Premio Irmandade do Libro 2013, modalidade de Fomento á Lectura ao proxecto de Galicia Encantada.
O acto de entrega tivo lugar o sábado, 20 de abril de 2013, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos.
O recoñecemento foi concedido "en virtude da gran dinamización realizada a nivel social da tradición oral galega, por manter vivo o mundo mítico galego, contando cun amplo apoio bibliográfico, polos contidos continuamente actualizados, por converterse nunha fonte de referencia para os centros de ensino, por divulgar o patrimonio cultural galego, por servir de medio de recolección de diferentes historias, polo rigor e a capacidade de investigación, por ser precursora na sistematización da memoria mítica galega".
Desde GE agradecen este premio que, en xustiza, pertence tamén aos colaboradores que desde distintos ámbitos contribúen a manter vivo este proxecto, e aos lectores que día a día se achegan a esta fiestra virtual co ánimo de coñecer, de saber e de compartir a "alma" dun país e das súas xentes.
Con estes azos, seguen o camiño emprendido cara o décimo aniversario, que será, se nada o torce, en marzo de 2015."


Con esta información enviada aos correos dos que seguimos a web de Galicia encantada, enterámonos do premio ben merecido.
Norabóa e a seguir transmitindo ese traballo de investigación que estades a facer todos.

Moitas grazas!

No hay comentarios :