lunes, 21 de octubre de 2013

Semana das Bibliotecas Escolares: Asterix y Obelix



Todos os 24 de Outubro conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares lembrando que a lectura nos abre novos mundos, cos libros viaxamos no tempo e no espacio, e lendo enchemos a nosa mente de coñecementos.
Este ano no pode ser distinto e tras revisar a Edgar A. Poe, Hergé, Mark Twain, Lewis Carrol... decantamonos pola banda deseñada. Aproveitando a publicación dunha nova entrega das aventuras de Asterix y Obelix, propoñemosvos la relectura das obras de Uderzo y Goscinny pero esta vez baixo a pluma de novos autores:  Jean-Yves Ferri y Didier Conrad.



Podedes consultar o noso catálogo que sacaremos ao corredor, teremos unha exposición sobre a colección e ademais un concurso:

Canto sabedes de Asterix e Obelix?

Queredes coñecelos a fondo?

Contestade correctamente 
aos enigmas do concurso,
hai ata 5 boletíns e podedes participar por parellas,
e disfrutade coa lectura 
destes tenros irredutibles!

Estade atentos ás bases do concurso... sempre hai premio e non deixedes de farcervos unha foto cos nosos amigos!

Tedes ata o martes 5 de novembro para entregar os boletíns:




No hay comentarios :