miércoles, 20 de noviembre de 2013

Todos os Dereitos para @s nen@s


A Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno de 1989 é un tratado de dereitos humanos que case todos os países do mundo se comprometeron a defender.

Dende a súa posta en vigor, millóns de nenos e nenas viron como cambiaron as súas vidas. puideron acceder a servizos sanitarios, educativos, de protección, de participación cidadá.

Este é o resultado do esforzo e dedicación de moitas persoas de todo o mundo por facer un mundo apropiado para a infancia.

Neste material de Enrédate.org podemos entender:
  1. Un día sen dereitos
  2. O dereito máis importante
  3. Temos a Convención… Está todo feito?
  4. 10 mitos sobre os dereitos



No hay comentarios :