xoves, 30 de xaneiro de 2014

Día da Ilustración



A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo da ilustración nas bibliotecas nodais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.


Aquí vos deixamos unha selección dos nosos álbumes ilustrados.

Ningún comentario :