miércoles, 19 de febrero de 2014

A traxedia dos accidentes de tráfico: "A pesar de todo, quérote"



Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película A pesar de todo, quérote
A proposta preséntase en Moodle desde a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.
A película ofrece a posibilidade de desenvolver actividades interdisciplinarias arredor da trama central, que pivota arredor dun accidente de tráfico e as súas consecuencias.
Esta unidade está dirixida á explotación didáctica deste recurso audiovisual e organízase en 5 módulos:

  1. Previsionado. Presentamos a película
  2. Previmos os accidentes de tráfico
  3. Xestionamos as nosas emocións
  4. Miramos pola nosa saúde
  5. Coñecemos o cine

No hay comentarios :