luns, 3 de febreiro de 2014

Vento e chuvia: Mitoloxía da Antiga Gallaecia


Vento e Chuvia introduce ao lector no fascinante mundo da Idade do Ferro. Dez prodixiosos deuses que poboaron os mitos da antiga Gallaecia cobran vida nun universo con alicerces nos últimos descubrimentos da arqueoloxía e das ciencias do pasado pero sobre o que voa ceibe a imaxinación e a fantasía, enchendo con soños os ocos baleiros da ciencia.
Manuel Gago, apoiado visualmente polas vibrantes ilustracións de Manel Cráneo, emula unha viaxe no tempo con gravadora para colleitar as vellas historias que se contaban na noite dos castros e fiar con elas a historia dos deuses galaicos, ou sexa, as orixes máis profundas do rico imaxinario da sociedade tradicional galega. Un libro apaixoante, distinto, que causará gran impresión e que trae a máis vella mitoloxía galega coñecida ao noso imaxinario do século XXI.
Blog da obra que será presentada o  vindeiro 21 de marzo en Ferrol na Fundación Artábria ás 20:00 h.

Non o esquezades!

Ningún comentario :