lunes, 10 de marzo de 2014

Semana da prensa




Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia (cabeceira líder en Galicia e sexta no ámbito nacional grazas aos seus máis de 600.000 lectores diarios) para que o xornal chegue á escola e se converta nun importante elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos. O seu fin é que, a través das súas páxinas, os escolares desenvolvan o sentido crítico que lles axude a formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 
Deste xeito, nos somos un dos 550 centros educativos que participan nesta iniciativa e buscamos que os alumnos se apaixonen coa información e a comunicación, e estes días imos comprobar como se trantan os temas nas cabeceiras de prensa.
Para iso, pon a disposición das aulas exemplares do xornal: un suplemento semanal, La Voz de la Escuela; unha páxina web; cursos para que os profesores aprendan a utilizar o diario en clase e talleres de novas tecnoloxías; concursos para que os alumnos aprendan a exercer de xornalistas e para incentivar aos docentes nos seus proxectos pedagóxicos, e blogs, para que os escolares creen o seu propio soporte en Internet. La Voz de Galicia tamén abre as súas portas para que a comunidade escolar coñeza as súas instalacións.

Guías e manuais.