martes, 22 de abril de 2014

Agochado no andel: Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas


Fai uns anos o Consello da Cultura Galega sumouse á celebración da Semana da Ciencia coa presentación dun libro tan atractivo como innovador: Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas , de Xurxo Mariño, que ilustra Xosé Lois González, O Carrabouxo.
O volume reúne os artigos de divulgación científica escrito por Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) e publicados dende o 2001 na web do Consello da Cultura. Doutor en Bioloxía e profesor na Escola de Enfermería de Ferrol, compila as súas reflexións persoais e como científico preocupado por divulgar o coñecemento sobre diferentes temas de maneira comprensible e amena, rigorosa e con humor. No convencimento de que «a ciencia tamén é cultura», Xurxo Mariño apelou na presentación da obra á necesidade de espertar a curiosidade da xente nova e o espírito crítico.
No acto celebrado no Consello da Cultura e presidido polo catedrático de Edafoloxía e presidente da sección de Ciencia, Díaz Fierros, tamén participou o debuxante e o director xeral de Investigación, Salustiano Mato, que desexou que haxa máis iniciativas de divulgación da ciencia por iso o sacamos do andel para achegalo a todos vos ... porque nos tamén lemos ciencia!