martes, 1 de abril de 2014

Mes do libro

 
                                                                                                             Il. de Soizick Meister.

1.- Ler sacódenos o aburrimento e o fastío.
2.- Ler fainos comprender o mundo con maior amplitude e mirarnos a nós mesmos dende máis ángulos.
3.- Ler nos chea de palabras, permítenos expresar ideas que xamais pensaramos que poderiamos formular.
4.- Ler evádenos, afástanos do mundo e de nós, ao mesmo tempo que nos achega cada vez máis ao que verdadeiramente somos.
5.- Ler fainos coñecer outras persoas, afastadas no espazo e no tempo.
6.- Ler aumenta o noso imaxinario e noso argumentario, fainos críticos e libres.
7.- Ler reúnenos co noso antepasados e permítenos un diálogo con eles.
8.- A lectura fainos reflexionar, fainos contradicirnos e dubidar, dentro dunha sociedade que poucas veces nolo permite; ler é resistencia.
9.- Ler permítenos ver todas as cousas ocultas, invisibles e escondidas do mundo que non acostumamos a ver.
10.- A lectura sérvenos de refuxio de nós mesmos, e ao mesmo tempo permítenos volver reconciliarnos co que somos.


Vía BMP de León

No hay comentarios :