viernes, 16 de mayo de 2014

Escola de pais e nais I: Establecemento de normas e límites no uso do PC cos fillos

Internet non é o inimigo: hai que coñecer a súa potencialidade, o seu bo uso axuda a obter información e formación pero tamén temos que coñecer os seus riscos. O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas da Fundación Germán Sánchez Ruipérez publica unha serie de guías para o bo uso das novas tecnoloxías e este é o segundo da serie dos que nos facemos eco.
Se ten un ordenador familiar no seu fogar con acceso a Internet, é necesario establecer algunhas regras sobre o seu uso. Todo pai debería primeiramente comprender os riscos, para saber como vai supervisar o uso de Internet e establecer as normas, estas deberán quedar instituídas nun contrato asinado por cada membro da familia e estar visibles preto do ordenador.

No hay comentarios :