viernes, 23 de mayo de 2014

Quino Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidade

O debuxante e humorista arxentino Joaquín Salvador Lavado 'Quino', de 81 anos, creador de Mafalda, ten sido elixido gañador do Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014 polo xurado que concede o galardón polo "enorme valor educativo" e "dimensión universal" da súa obra e por uns personaxes que "transcenden calquera xeografía, idade e condición social".

Fillo de emigrantes andaluces e de nacionalidade hispano-arxentina, Quino naceu en Mendoza (Arxentina) en 1932 e publicou as historietas do seu personaxe máis famoso entre 1964 e 1973, unha nena que odia a sopa e vive preocupada polos problemas da Humanidade e a paz mundial.

No hay comentarios :