domingo, 15 de junio de 2014

Escola de pais e nais V: Situación do ordenador no fogar


Internet non é o inimigo: hai que coñecer a súa potencialidade, o seu bo uso axuda a obter información e formación pero tamén temos que coñecer os seus riscos. O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas da Fundación Germán Sánchez Ruipérez publica unha serie de guías para o bo uso das novas tecnoloxías e este é o quinto da serie dos que nos facemos eco.

Elixir onde situar o ordenador familiar é importante, mesmo pode converterse nun acalorado debate cando hai niñ@s. As liñas de batalla debúxanse entre os membros da familia que desexan intimidade, as necesidades de cada un para acceder ao equipo e as preocupacións que poidan ter sobre a seguridade mentres están en liña, principalmente polos menores, converténdose este punto no máis importante. Se ten un ordenador na casa ou cinco, velaquí algunhas cuestións que deben terse en conta para axudarlle a elixir o lugar axeitado do seu ordenador familiar e así lograr que cada persoa obteña o máximo proveito posible.