domingo, 26 de octubre de 2014

Conectando Mundos



Xa temos aquí a nova edición do Conectando Mundos Cando os dereitos se frustran”  para este curso 14-15.
Podedes inscribirvos desde hoxe mesmo até o 16 de xaneiro de 2015!
A edición da proposta educativa “Conectando Mundos” de Oxfam Intermón para este ano céntrase na defensa dos dereitos sociais universais e de calidade. Como cada curso desde hai 12 anos, o alumnado entre 6 e 17 anos de centros de todo o mundo será convidado aobservar e analizar o sistema de dereitos, as situacións de inxustiza e a falta de equidade no acceso aos mesmos. E serán animados a actuar a través da elaboración en equipo dunha proposta que axudaría a mudar esta realidade.
Para iso, contaremos cunha plataforma telemática multilingüe en 8 linguas (italiano, castelán, portugués, inglés, francés, galego, catalán e vasco), en que poderán interaccionar e traballar de maneira cooperativa en equipos da mesma faixa de idade.
A través deste diálogo intercultural preténdese que o alumnado tome consciencia sobre as causas que provocan que a maior parte da poboación mundial non poida satisfacer as súas necesidades básicas e cómo esta falta de oportunidades e respecto polos seus dereitos condiciona a súa vida e axuda a incrementar a desigualdade e a pobreza. (Da riqueza mundial, case a metade está nas mans de 1% da poboación)
Desde a rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global e desde Oxfam Intermón estamos convencidos de que mudar a escola é mudar o mundo. Por este motivo, traballamos en rede para nos formar, trocar experiencias e xerar propostas educativas que contribúan para formar cidadáns e cidadás críticas, conscientes e comprometidas en transformar as causas das inxustizas e das desigualdades.

Non o perdades! Se aínda non o fixestes, inscribídevos agora entrando en  www.ConectandoMundos.org

No hay comentarios :