miércoles, 15 de octubre de 2014

No mes das Bibliotecas Escolares...





Neste mes adicado ás bibliotecas escolares  queremos lembrar a figura de Emilio Salgari, prolífico autor de famosos libros de aventuras de gran éxito polo dinamismo e polos seus suxerintes ambientes.

O 21 de agosto de 1862 naceu Emilio Salgari en Verona, na cidade de Romeo e Xulieta,  fillo dunha familia de prósperos comerciantes, desde pequeno mantivo unha gran paixón pola aventura, armando e desarmando coleccións de barcos de xoguete mentres pensaba en viaxar por todo o mundo. Deste xeito ao terminar a escola ingresou no Instituto Técnico Naval de Venecia para obter o título de capitán. Aínda que non chegou a terminar os seus estudios sendo adolescente conseguiu traballo como segundo de abordo nun barco que facía a ruta do Adriático. Neste barco baixo a dirección dun capitán borrachiño e pendenciero, viviu as aventuras que xa gozara na súa imaxinación.
Aínda que parece que non seguiu viaxando Salgari sempre asegurou que todo o que escribiu foran vivencias propias. Nas súas memorias contou o enfrontamento cun enorme quenlla quen ao embostar ao barco, subiu á cuberta e xusto cando tiña a toda a tripulación aterrorizada e xusto cando ía a atacar ao capitán, o propio Salgari con valentía conseguiu matar ao enorme escualo.
Tamén nas súas memorias conta como viaxou noutro veleiro ata a India onde viviu as súas mellores aventuras fomentando a súa propia lenda.
Regresou a Italia por mor dunha febre tropical e adicouse a escribir. Organizou unha biblioteca ambulante e empezou a súa labor como periodista. Os seus primeiros escritos foron poemas, pequenos relatos e memorias ata que tras un ano publicou a súa primeira novela “Os salvaxes de Papúa”. Así comezaría a súa carreira como autor de máis de 130 relatos e 80 novelas de aventura que o converteron nun dos autores máis lidos de todos os tempos chegando a ser nomeado có título de cabaleiro.

Unha das súas personaxes máis coñecidas é Sandokan,  pirata protagonista  da serie “Los piratas de Malasia” con títulos como “Los dos tigres”, “Los tigres de Mompracem”, “El desquite de Sandokan”… Outras obras importantes son “Los corsarios del Caribe”, “El corsario negro”, “La perla roja”…

Non deixedes de buscalo na biblioteca,

 gozade das súas obras

e participade no concurso!



No hay comentarios :