viernes, 27 de noviembre de 2015

Lembrando a Neira Vilas



O escritor galego Xosé Neira Vilas faleceu este venres na súa casa de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) aos 87 anos en plena actividade literaria e a piques de estrear a adaptación teatral da súa obra Querido Tomás, prevista para o próximo 8 de xaneiro en Santiago.
A súa morte pon fin á prolífica carreira literaria dunha das principais figuras das letras galegas, cuxa obra quedou eclipsada polo boom de vendas de “Memorias dun neno labrego”, unha novela social, de denuncia do caciquismo da época, editada en Arxentina en 1961, que se converteu no libro máis lido da literatura galega e que foi traducida a numerosos idiomas (español, portugués, inglés, francés, italiano, alemán, chinés, ruso e checo, entre outras) ademais da o esperanto e braille. O bestseller alcanzou o pasado mes de xullo a edición número 35, con 600.000 exemplares vendidos, coincidindo coa entrega da Medalla de Ouro de Galicia ao seu autor.

A actividade literaria de Neira Vilas foi parella á súa activismo social. Fundador das Mocidades Galeguistas, emigrou en 1949 a Arxentina, onde se relacionou con ilustres galeguistas do momento como Dieste ou Seoane e casouse coa tamén escritora Anisia Miranda, falecida en 2009.
Antes de trasladarse a Cuba, en 1961, fundou a editorial Follas Novas. O matrimonio regresou a Galicia en 1992 para gozar da xubilación no seu pobo natal. Alí puxeron en marcha a Fundación Xosé Neira Vilas que se converteu en principal dinamizadora da comarca.


Foi membro numerario da Real Academia Galega (RAG), Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). Tamén obtivo a Medalla Castelao e foi nomeado Fillo Predilecto do Concello de Viladecruces, entre outros recoñecementos,
A diáspora e a infancia no rural galego marcaron a súa obra. Neira Vilas deixa ao neno de aldea que non comprende o mundo dos adultos na memoria de numerosas xeracións de galegos. 
Atrapounos coa lectura da primeira liña de Memorias dun neno labrego
"Eu son Balbino. Un mozo de aldea. Como quen di, un ninguén. E, ademais, pobre"

(Vía El País)

Ler no Faro de Vigo "A derradeira andaina de Neira Vilas"



Outros videos para achegarnos a súa obra e figura:

https://www.youtube.com/watch?v=RRORMsXWNRY
 
https://www.youtube.com/watch?v=0oJz7HCywHw&feature=related
 
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=242
 

No hay comentarios :