venres, 4 de marzo de 2016

Novidade: Sete caveiras

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista flotando en augas do porto vigués de Berbés, non podería imaxinar que o pequeno xoguete que o asasino escondeu no peto do morto está a piques de cambiarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, nos días seguintes, irán aparecendo na Ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe.

Novidade xa na biblioteca á vosa disposición, non deixedes escapar esta engaiolante misteriosa trama con Sete caveiras de Elena Gallego Abad, autora da magnífica saga Dragal.

Ningún comentario :