xoves, 28 de abril de 2016

Ler non é clandestino


Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.
Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro. 
Cremos na lectura como solución. 
Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría. 
Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
Cremos na lectura como CULTURA.
E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua.

Adaptación do tema de Manu Chao "Clandestino" (Virgin France). 
Letra: Gracia Santorum e Anxo Fernández
Voz: Anxo Fernández
Edición e montaxe: Anxo Fernández


MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO

Ningún comentario :