miércoles, 13 de abril de 2016

No mes dos libros, visita de autores II: Carlos Negro



Con Carlos Negro aprendimos que a poesía non só serve para falar de amor, con ela somos capaces de falar do que nos preocupa, dos nosos soños, e incluso sérvenos para pararlle os pes a quen nos amola.
Fixemos unha viaxe con Hai cu de O Leo e outros grafiteiros curiosos.
Rapeamos con Makinaria e reflexionamos sobre a tiranía da moda e das costumes así como das relacións non igualitarias con Penúltimas tendencias.
Descubrimos a túa última obra Masculino singular que empezaremos a ler inmediatamente.

Todo un pracer Carlos. Moitas grazas por facernos disfrutar coa poesía!