jueves, 12 de mayo de 2016

Día Escolar das Matemáticas 2016



O XVII Día escolar das matemáticas está dedicado á relación entre matemáticas e deporte. 

Nas últimas décadas houbo unha progresiva tecnificación nos métodos de adestramento dos deportistas de elite, que supón un uso intensivo de métodos matemáticos. Tamén vemos diariamente como a información deportiva está chea de estatísticas, gráficos e cálculos de probabilidades. E nos mesmos regulamentos deportivos atopamos descricións de medidas de campos e materiais auxiliares e métodos de cálculo de clasificacións deportivas.
Animádevos a traballar nas propostas da FESPM nas que se basea o caderniño que vos achegamos, e pedide o voso marcapáxinas conmemorativo de agasallo!



No hay comentarios :