miércoles, 19 de octubre de 2016

No día das Bibliotecas Escolares: Roald Dahl

Todos estos anos no Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, e nas datas posteriores celebramos a posibilidade de viaxar no tempo e no espazo grazas á lectura, tal e como dicía Matilda personaxe de Roald Dahl. E desde o 2008 escollemos a un autor para lembrar e difrutar coas súas obras e de paso aprender cousas da súa vida.
Hergé, Poe, Twain, Dickens, Carrol, Salgari, Kipling, Asterix e Obelix (coa nova publicación das súas historias) ... todos eles nos serviron para viaxar á India, á Bretaña romana, ao mundo do terror, viaxar polo mundo con Tintín, vivir aventuras en Birmania....

Este ano vos propoñemos un autor que todos coñecedes, os seus personaxes fixéronvos rir: Matilda, Charlie, James, Danny... No centenario do seu nacemento o noso autor é Roald Dahl e esperamos que participedes todos no concurso sobre a súa vida e obras e tamén que releades as súas obras.



Se queredes coñecer algo do noso autor vos deixamos os seguintes enlaces: