martes, 25 de octubre de 2016

Novidades: Roald Dahl


«A cata» é un dos máis brillantes relatos de Roald Dahl. Publicouse por primeira vez na edición de marzo de 1945 do Ladies Home Journal e posteriormente foi publicado, en 1951, en The New Yorker. 

Seis persoas sentan á mesa na casa de Mike Schofield, un corredor de bolsa londiniense: Mike, a súa esposa e filla, un narrador sen nome e a súa esposa, e un famoso gastrónomo, Richard Pratt. Pratt adoita facer pequenas apostas con Schofield co fin de adiviñar o viño que se está servindo na mesa, pero esta noite a aposta será maior... Cando Schofield serve o segundo viño da cea comenta que será imposible adiviñar cal é, o que Pratt toma como un reto. 

Ían Barrenetxea realizou un magnífico traballo gráfico para convidarnos a esta misteriosa velada. O viño está servido. Empeza a cata.