martes, 27 de marzo de 2018

Día do Teatro


Sí hoxe é o Día Mundial do Teatro, maravillosa expresión artística que non só nos leva a viaxar coa imaxinación senón reflicte o que está a pasar no mundo, e para mostra o que están a facer nun centro escolar na Comunidade de Madrid: escenifican agresións e situacións de acoso para solventalos e concienciar aos acosadores, espectadores e familias.
"En sus zapatos" é un obradoiro de Teatro de Conciencia que ensina empatía activa para afrontar os conflictos na escola, alumnos, profesores e familias escenifican casos reais na aula para aprender a resolvelos.



Ler a noticia completa en 20 Minutos

martes, 20 de marzo de 2018

María Solar en la biblioteca




Hoxe María Solar veu falarnos dun acontecemento científico de enorme relevancia, o traslado da vacina da vaiola polo mundo desde España. Como bióloga sabe moi ben do que está a falar, como divulgadora non entende que non se lle dera publicidade e homenaxe aos rapaces que participaron na expedición Balmis grazas aos que a vacina chegou ás Américas primeiro e logo extendeuse por outras partes do mundo. Esa enfermidade tan mortífera que os colonos levaramos ao novo mundo e que logo erradicamos, unha mostra de cooperación internacional que saíu da nosa terra, agora que tantos esforzos se están a facer ao redor do mundo.
Nótaselle a María que é unha gran comunicadora, mantivo aos rapaces có corazón encollido cando falaba dos efectos da enfermidade e cómo ela tentou achegar a cara persoal, a historia pequena, o rostro dos nenos desta gran xesta médica, social e solidaria.
Unha mágoa que estivera tan pouco tempo, pois está enfrascada nun roteiro de visitas por centros escolares a fume de carozo pero lle agradecemos á editorial Anaya/Xerais e a súa representante Isabel Armesto que tivera un ratiño para disfrutar con ela.

Obras da autora na nosa biblioteca.

mércores, 14 de marzo de 2018

Sin π no somos nada



¿Qué tiene de especial este día?

Posiblemente muchas cosas, entre otras razones porque todo los días del año son especiales. Sí, porque si existiesen días no especiales del año, el primero de ellos, por ejemplo, sería el primer día no especial del año y eso lo haría especial, ¿no crees?
Pero de entre todos los días especiales del año, para los que nos gustan las matemáticas el 14 de marzo es el más especial de todos porque es el día internacional de π. La idea original, por lo que sabemos, fue de Larry Shaw, un físico estadounidense (a los físicos les encantan las matemáticas) al que en 1988 se le ocurrió celebrar el día del número π el 14 de marzo, ya sabes que los americanos escriben 14 de marzo así 3/14, que son las primeras 3 cifras de este maravilloso número. El congreso de EEUU en 2009 declaró oficialmente que este día, el 14 de marzo, sería el Día Internacional de π. Desde entonces, cada año más y más gente se une a celebrar este día para, con π como anfitrión, preparar y disfrutar de las matemáticas.

luns, 12 de marzo de 2018

Coñece as túas institucións: O Parlamento de Galicia



Fai uns meses tivemos a sorte de contar con 3 ex-parlamentarios ( Fernando Rodríguez Corcoba do PPdeG,  Natividad González Laso do PSdeG-PSOE e Fernando Branco Parga do BNG) que nos falaron do que significa dedicarse ao servizo público por medio da política dentro do programa Coñece as túas institucións, grazas ao cal o alumnado pode coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprender a separación de poderes propia das democracias.

Ao abeiro da colaboración da institución coa Consellería de Educación creouse unha guía para o alumnado e outra para o profesorado para sacar rendimento tanto ás charlas como ás visitas que poidamos realizar á institución símbolo de democracia da nosa comunidade. Na web do Parlamento ademais temos a posibilidade de escoitar os documentos grazas á app de que dispón.

xoves, 8 de marzo de 2018

Nova corporación municipal das alumnas do noso centro no Concello de Neda no Día da Muller



O Día da Muller Traballadora levou hoxe a un grupo de alumnas e alumnos dos CEIPs San Isidro e Macineira e do IES Fernando Esquío a denunciar a actual diferencia salarial entre homes e mulleres, a reclamar das autoridades leis que garantan a igualdade entre xéneros e a propoñer medidas como pode ser darlle o nome de Clara Campoamor a unha das rúas da vila de Neda para recordar a contribución da muller en todos os ámbitos da sociedade.
Foi no transcurso dos plenos que ao longo da mañá de hoxe deron absoluto protagonismo ás alumnas dos tres centros educativos. As sesións plenarias, nas que as alcaldesas Eimi Vilasuso, Paz Llago e Karla Romira estiveron asesoradas polo secretario do Concello, serviron para poñer encima da mesa a brecha salarial, o teito de cristal e a desigualdade en base aos datos que falan de que as mulleres cobran un 25% menos que os homes, que o 94% das excedencias laborais son  femininas e que o 30% das nenas do mundo están sen escolarizar.
Todas as propostas e reclamacións resultaron aprobadas por unanimidade, sendo aplaudidas todas as intervencións, así como algunhas das preguntas feitas polos seu propios compañeiros, que non dudaron en sumarse ás reclamacións plantexadas por elas.

Norabóa polas iniciativas das que algún partido político debería tomar nota!

8 marzo: Día da Muller

domingo, 4 de marzo de 2018

Día da Muller... as rapazas como corporación municipal


O xoves é unha data moi especial, na casa do concello, a casa de todos, imos a celebrar unhas sesións plenos extraordinarios protagonizados por alumnos dos CEIPs San Isidro e Maciñeira e do IES Fernando Esquío. 
Neste caso, serán só mulleres as que tomarán a palabra como alcaldesa, concelleiras e secretaria da corporación para poñer enriba da mesa, en forma de moción, os asuntos e reclamacións que afectan ao colectivo feminino. 
Nas sesións tamén haberá turno de rogos e preguntas para que poida participar o público asistente que así o desexe. Estas convocatorias celebraranse a partir das 09.30 horas no salón de plenos.



sábado, 3 de marzo de 2018

Anímaste co torneo de xadrez?


Visto o éxito do xadrez na biblioteca comezamos un torneo a vindeira semana. 
Esperamos a vosa participación e que disfrutedes deste arte