lunes, 12 de marzo de 2018

Coñece as túas institucións: O Parlamento de Galicia



Fai uns meses tivemos a sorte de contar con 3 ex-parlamentarios ( Fernando Rodríguez Corcoba do PPdeG,  Natividad González Laso do PSdeG-PSOE e Fernando Branco Parga do BNG) que nos falaron do que significa dedicarse ao servizo público por medio da política dentro do programa Coñece as túas institucións, grazas ao cal o alumnado pode coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprender a separación de poderes propia das democracias.

Ao abeiro da colaboración da institución coa Consellería de Educación creouse unha guía para o alumnado e outra para o profesorado para sacar rendimento tanto ás charlas como ás visitas que poidamos realizar á institución símbolo de democracia da nosa comunidade. Na web do Parlamento ademais temos a posibilidade de escoitar os documentos grazas á app de que dispón.

No hay comentarios :