luns, 6 de maio de 2019

Retos para a Biblioteca Escolar 2020


Desde a Asesoría de Bibliotecas de Galicia nos chega o resumo da xornada técnica organizada pola Consellería de Educación tras a xornada PLAMBE á que todas as BEs asistimos. Nesa xornada se fixo unha posta en común desde todas as administracións educativas autonómicas e nacional, dos retos para o 2020 que se resumen en:
  • Reto 1: Dotar de estabilidade ás bibliotecas escolares.
  • Reto 2: Promover un modelo de biblioteca escolar como espazo educativo á medida do proxecto de centro.
  • Reto 3: Concebir a biblioteca escolar como mediadora das lecturas no centro e situala no centro neurálxico das políticas públicas centradas na lectura, en todos os formatos, para todas as finalidades.
  • Reto 4: Promover unha visión da biblioteca escolar como o contexto privilexiado para o desenvolvemento das competencias mediáticas e informacionales, a alfabetización mediática (AMI) e como requisito para a construción do pensamento crítico.


O documento se pode ler íntegro premendo na imaxe e resulta moi clarificador pois presenta un camiño cara ó que temos que avanzar.

Ningún comentario :